EDUCACIÓN EN VALORES E DE CALIDADE
Anuncios

NOVA WEB

web-sativa

Este Curso 2018/19 estreamos nova Web. Para visitala preme na seguinte dirección:

https://colegiosamordedios.es/centros/verin/

 

Anuncios

Libros de Texto Curso 2018/19

arton1978

Premendo en cada un dos seguintes enlaces descargarase a listaxe de libros do curso correspondente:

Comezo de Curso 2018/19

iniciocurso-1-300x167

  • E. Infantil e E. Primaria:         Mércores 12 ás 10:00 h

  • E. Secundaria:                           Luns 17 ás 10:00 h

A hora de saída ámbolos dous días será a habitual, é dicir, as 14:05 h

 

Excursión Fin de Curso – 1º Ciclo de E. Primaria

Excursión Fin de Curso do primeiro ciclo de Primaria ao parque de atraccións Magikland, en Penafiel (Portugal). Día perfecto de xuntanza, compañeirismo e diversión.

Preme na Imaxe para ver máis.

IMG-20180616-WA0114

Excursión Fin de Curso – 3º E. Primaria

Para rematar o curso os alumnos/as de 3º E. Primaria realizaron visitas a Naturnova, Museo do Mar e ao Zoo, en Vigo.

Preme na Imaxe para ver máis.

20180614_131449

ABP – Proxecto Piratas E. Infantil

https3a2f2fuserscontent2-emaze-com2fimages2f596e7a14-8d2e-4a74-9204-125d3211cc942f3c50115004238518a9f8d3fb80ff217fOs profesores /as de E. Infantil participaron a semana pasada nun congreso de Innovación Educativa en Madrid, onde presentaron o Proxecto Piratas que se desenvolveu ao longo deste curso académico.

Tanto a acollida como a valoración do Proxecto foron moi positivas tanto por profesores/as como dos propios alumnos/as de Infantil.

Se queres ver un resumo da presentación dos nosos compañeiros/as preme na imaxe.

dgo8cldwaaan2nn

Graduación 6º E. Infantil

Os nenos/as de 6º de E. Infantil remataron a súa primerira etapa educativa no noso Colexio; para celebralo dentro da súa graduación gravaron un vídeo…moi orixinal…

4º ESO – Iniciativa Emprendedora

Alumnos/as de 4º ESO realizaron unha visita estudo onde coñeceron o Parque Tecnolóxico de Galicia, a estación de Baños de Molgas-INORDE, onde desenvolveron talleres e actividades relacionados co emprendemento, completando a xornada tomando contacto co Ourense-Termal no Balneario de Laias.

Tamén visitaron en Portugal, InCubo, Incubadora de Iniciativas Empresariais Innovadoras, en Arcos de Valdevéz e a StartupBraga.

O gañador do concurso coñecerase na final que terá lugar en Terras do Bouro, cun xurado formado por representantes españois, o xerente de INORDE, e representantes do Val do Cávado e Alto Minho.

Esta visita-estudo enmárcase dentro do proxecto CTC: “Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza”, ten como obxectivo o desenvolvemento do territorio a través da cooperación entre as rexións dos socios, a Comunidade Municial Val do Cávado (CIM Cávado), Comunidade Intermunicipal Alto Miño (CIM Minho) e o INORDE. Cunha duración de dous anos, este proxecto europeo denominado “0230_ CTC_LIMIA_LIMA_CAVADO_1_ P”,está integrado no Programa Europeo Interreg V A España-Portugal Feder .

Este concurso de ideas dirixido a alumnos de ensino secundario e formación profesional, pretende sensibilizar e motivar ao alumnado na innovación e o emprendemento e fomentar a cooperación institucional e da sociedade no territorio.

Desde a competencia nacional en Ourense destacouse por parte do xurado e organizadores a proxección que teñen todas as ideas de negocio tanto na zona transfronteiriza como noutras zonas de desenvolvemento xa que son boas ideas para poder realizar en calquera parte do territorio provincial e transfronteirizo.

VISITAS

contador de visitas html codigo

Sígueme en Twitter