EDUCACIÓN EN VALORES E DE CALIDADE

Inicio » Publicaciones con la etiqueta '4º E. Primaria 1718'

Archivo de la etiqueta: 4º E. Primaria 1718

1 – 2 – 3 ORTOGRAFÍA OUTRA VEZ

biblioteDende hai dous cursos o Dpto. de Lingua en colaboración con titores e o Equipo PLAMBE está a desenvolver o Desafío Ortográfico, un programa de mellora da ortografía para os nosos alumnos.

En 4º de Primaria fixémolo a través do xogo «1 – 2 – 3 ORTOGRAFÍA OTRA VEZ» baseado no célebre programa de TV dos anos oitenta, con probas de dominio de normas ortográficas, azafat@s e incluso «tacañóns» e «tacañonas»

Todos os meses do curso practicamos varias veces e pasándolo moi ben ao mesmo tempo que aprendemos. Xa somos uns expertos! Aquí tedes algunha foto para que vexades en que consiste.

 

IMG-20180405-WA0006

Preme para ver máis

 

Saída á Perguiza – 4º E. Primaria

O pasado 27 de abril os alumnos de 4º de Primaria fixemos unha saída ata o Camiño da Perguiza para facer un repaso do que estudamos en Ciencias Naturais e Sociais.

Ao tratarse dun Ecosistema  de Auga Doce poidemos ver a flora e fauna características desta contorna e comprobar aspectos que aprendimos sobre a hidrosfera e o curso dun río.

Recollemos diferentes tipos de mostras como algas, fentos, follas, fungos… posteriormente fixemos unha clasificación no laboratorio do colexio e analizamos as características máis importantes.

Agora queremos compartir con vós algunhas fotos para que vexades en que consistiu.

sdr

PREME PARA VER MÁIS

 

Visita a Roberto Verino

Os alumnos/as de 4º de EP estamos estudando en Sociais as actividades económicas. Para afondar neste tema, fixemos unha visita á fabrica de Roberto Verino para ver de preto o traballo no sector industrial.

Foi unha mañá moi interesante e aprendemos moito dos diferentes procesos de elaboración dun produto; neste caso, a roupa dun deseñador tan relevante.
Os profesores/as e alumnos/as estamos moi agradecidos pola acollida e atención durante as súas horas de traballo.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do día.

IMG-20180417-WA0022

Preme para ver máis

María Canosa – Premio Merlín 2017

A semana pasada os alumnos/as de 4º de Primaria tivemos unha visita moi especial: a escritora María Canosa, gañadora do PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2017 . Nós lemos ese libro tan especial que é MURIEL e tivemos a sorte de poder falar e debatirbibliote con ela sobre moitas cousas: a historia, as personaxes, o gran reto de escribir un libro… Foi un encontro moi interesante e divertido que agora queremos compartir con vós.

Preme na foto para ver máis.

IMG-20180410-WA0002

4º de E. Primaria no Laboratorio

Estes días estivemos estudando varios aspectos do corpo humano, entre eles os cinco sentidos, tema sobre o cal fixemos unha práctica no laboratorio.

Tapáronnos os ollos e tivemos que clasificar diversos tipos de sons, tocar obxectos para diferenciar  texturas e temperaturas, olfactear varias cousas (non sempre agradables) e ademáis probar algúns alimentos para distinguir sabores. Soamente nos deixaron mirar cando traballamos sobre o sentido da vista…

Resultou moi divertido. Aquí podedes ver algunhas fotos…preme na foto

IMG-20180308-WA0029

 

Práctica de Laboratorio – 4º E. Primaria

O obxectivo fundamental dos traballos prácticos é fomentar un ensino máis activo, participativo e individualizado, onde se impulse o método científico e o espírito crítico. Deste xeito favorécese ao alumnado: desenvolver habilidades, aprender técnicas elementais e familiarízarse co manexo de instrumentos e aparellos.

A realización de traballos prácticos permite poñer en crises o pensamento espontáneo do alumno, ao aumentar a motivación e a comprensión respecto dos conceptos e procedementos científicos.

Os rapaces e rapazas de 4º de Primaria estivemos estudando en Ciencias Naturais todo o relativo ás plantas; para completar todo o que sabiamos fomos ao laboratorio a facer prácticas sobre a xerminación, sementamos grelos, cenorias, leitugas… e ademáis tamén  diseccionamos unha flor para aprender ben todas as súas partes.

Podedes ver aquí as fotos dese día. Preme para ver máis.

bty